viernes, 20 de octubre de 2017

PROTAGONISTA DA SEMANA: GABRIEL

Hoxe tivemos a visita na aula de Pelouros B, do pai de Gabriel, Boris, que nos estivo contando sobre o seu país de orixe: Cuba. Falounos da situación xeográfica, monumentos, comida, froitas tropicais e o que máis lles gustou foi ver os típicos coches con máis de 60 anos que circulan por toda a illa. Tamén disfrutaron cos "coco taxis" e para rematar, que mellor que un bo baile cubano!








PROTAGONISTA DA SEMANA: VEGA


Xa que esta semana estivo Vega de protagonista na aula de Pelouros A, tivemos a sorte de contar coa súa nai María para contarnos un pouco o seu traballo e para preparar unha deliciosa receita: "Pingüíns de plátano e chocolate".


Despois de explicarnos os pasos a seguir, cada neno mollou o seu plátano no chocolate e colocoulle os olliños, o nariz e os pés. 
Estaba riquísimo!







martes, 10 de octubre de 2017

ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO.

PARA DESFRUTE DE TODOS OS NOSOS CATIVOS, QUE XA NON O SON TANTO, COMEZAMOS COAS CELEBRACIÓNS DOS ANIVERSARIOS!!!!
NA AULA DOS PELOUROS A  ESTIVO DE ANIVERSARIO  MAURO




NA AULA DOS PELOUROS B CELEBRARON O ANIVERSARIO DE CARMELA






SI QUE MEDRAMOS DURANTE TODO O VERÁN!!!!!

lunes, 9 de octubre de 2017

MIGALLAS - Pan de millo - videoclip

A GALIÑA VERMELLA

COMA NESTAS SEMANAS ESTAMOS MOI COÑECEDORES DO PROCESO DE SEMENTADO, RECOLLIDA, DEBULLADO.....DO MILLO, TAMÉN SOUBEMOS DESTE CONTO TRADICIONAL QUE TANTO NOS GUSTOU.
AQUÍ ESTÁ , PARA DISFRUTE DE TODA A FAMILIA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.


jueves, 28 de septiembre de 2017

SUSA HERRERA NO COLE!!!!!!!!!!!

ONTE MÉRCORES, ESTIVO SUSA HERRERA NO CEIP da PEDRA, NO NOSO EDIFICIO DE ED. INFANTIL.CO SEU LIBDRO -CD DE "CANTOS ANIMALES"
CANTAMOS E DESFRUTAMOS CO RITMO DE :
UN ELEFANTE, UNHA RA, UN PONNY, ....
PASÁMOLO XENIAL!!!!!
FOI TODA UNHA GOZADA!!!!!
GRAZAS SUSA POR TER VIDO COA TÚA MAXIA MUSICAL !!!!!




miércoles, 27 de septiembre de 2017

COMEZA A EMOCIÓN !!!!!!

OS PELOUROS XA ESTAMOS EN MARCHA.
NADA MÁIS EMPEZAR XA NON IMOS EMBARCAR NUNHA NOVA AVENTURA!!!!!
O PASADO VENRES SAÍMOS DE PASEO .
FOMOS ATA UN CAMPO DE MILLO PRÓXIMO AO COLE.
METÉMONOS NO MEOLLO DO ASUNTO....DESFRUTANDO DAS PRANTAS DE MILLO.
DA SÚA ALTURA, DAS SÚAS CORES, DAS SÚAS FOLLASSS..........E DO SEU FROITO.
AS MAZORCASS !!!!!!
VOLTAMOS CUN PAR DELAS, E DESCUBRIMOS QUE HAI MILLO AMARELO E MILLO  CORVO.

viernes, 30 de junio de 2017

Despedida

Este curso foise voando e disfrutamos un montón aprendendo xuntos e como xa somos un pouquiño maiores en setembro estaremos no piso de arriba do cole  ata entón: FELICES VACACIÓNS!!!
PELOUROS a descansar : moita praia, moito sol e a voltar con ganas en setembro!

ANIVERSARIOS DE XUÑO

Este mes temos un montón de nen@s que cumpliron xa os 4 anos na aula de Pelouros B: PAULA , MARTÍN. VALERIA, MATEO, MANUEL e MARTÍN RIOS.Felicidades !!! Como celebramos o cumple o derradeiro día de cole ,fixemos unha pequeña festa e incluso levaron de asasallo unhas bolsiñas de gominolas que como os pelouros son tan larpeiros quedaron encantados!


miércoles, 14 de junio de 2017

O BOSQUE ENCANTADO DE ALDÁN

O PASADO VERNRE DÍA 9 DE XUÑO ,FIXÉMOLA NOSA SAÍDA DE FIN DE CURSO.



A NOSA PRIMEIRA PARADA FOI NO BOSQUE ENCANTADO.

E , COMO É EVIDENTE, QUEDAMOS ENCANTADOS....


POIDEMOS PERCORRER OS SENDEIROS QUE PERCORREU CARAPUCHIÑA, ESTIVEMOS NO CASTELO DE BRANCANEVES, NA COVA DO OSO, NO GRAN MURO ....E TAMÉN ATOPAMOLA CASA DO SEÑOR BUFO....
TODO FOI MOI DIVERTIDO.....





DESPOIS FOMOS ATA O PARQUE INFANTIL.
ALÍ XOGAMOS ATA RACHAR.





MERENDAMOS
E BRINCAMOS DABONDO.




POR ÚLTIMO DESMOS UN PASEIÑO POLO SENDA DE MADEIRA QUE PERCORRE A PRAIA DE ALDÁN.






PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!

Aniversario de Hugo

O pasado mes de maio celebramos na aula de Pelouros B o aniversario de Hugo que xa ten 4 anos!
Xuntos cantamos e comemos eses deliciosos biscoitos porque ,como xa sabedes, os pelouros somos uns larpeiros!!!


miércoles, 31 de mayo de 2017

VISITA DA POETISA MIRIAM

HOXE ACUDIU A NOSA BIBLIO DE INFANTIL A POETISA MIRIAM
CONTOUNOS QUE PARA SER BO POETA É IMPORTANTE COMPOR ALGÚN QUE OUTRO POEMA DE MAGIA , ALGÚN DE RATOS E TAMÉN OUTRO DE CORAZÓNS.












DE SEGUIDO RECITOUNOS:
  • O MAGO PACO
  • O RATO
  • E CORAZÓN BRANDIÑO.

SAÍDA AO CENTRO SOCIAL DE BUEU

O  pasado luns todo o alumnado de  Ed. INFANTIL asistiu no Centro Social do Mar a unha representación musical que correu a cargo de Luís Vallecillo, acompañado pola súa guitarra.
Cantamos e bailamos cancións sobre personaxes de obras de Casares: "A Galiña Azul", "O can Rin e o lobo Crispín"... e tamén disfrutamos do conto musicado "Os tres porquiños".








ANIVERSARIOS DE MAIO NOS PELOUROS A

Este mes celebramolos aniversarios de CARLA E ALBERTO.
PARABÉNS  PARA OS DOUS!!!!!


martes, 16 de mayo de 2017

LETRAS GALEGA 2017

 HOXE MARTES, 16 DE MAIO , FOMOS ATA O COLE DE PRIMARIA, PARA XUNTO CO RESTO DE COMPAÑEIROS/AS DO NOSO CENTRO , RENDIRLLE UNHA HOMENAXE A NOSA LINGUA, E A CARLOS CASARES, ESCRITOR HOMENAXEADOS NESTE ANO 2017.
POIDEMOS ESCOITALA LECTURA DE ALGÚNS DOS SEUS ESCRITOS COMO "LOLO VAI EN BICICLETA ", "A GALIÑA AZUL"...
ALGÚNS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA AMENIZARON O ACTO TOCANDO FRAUTAS, XILÓFONOS..
POR ÚLTIMO ALGÚNS DOS COMPOÑENTES DE GRUPO MANXADOIRA, TOCARON O HIMNO GALEGO, QUE ENTRE TODOS CANTAMOS.







GATUXO

O PASADO XOVES DÍA 11 DE MAIO,SAÍMOS DE EXCURSIÓN ATA O AUDITORIO DE PONTEVEDRA.
NO ESCENARIO XA ESTABAN PREPARADOS MAGÍN BLANCO,JORGE JUNCAL E MARÍA FALTRI.
POUCO A POUCO FORON APAGÁNDOSE AS  LUCES E NO ESCENARIO COMEZARON A SOAR MÚSICAS MOI ARMONIOSAS E AGARIMOSAS , QUE SEMELLABAN CANCIÓNS DE BERCE.
FOI UN VERDADEIRO PRACER E DISFRUTE ,ESCOITAR CANCIÓNS COMO:
"LEITE CON MEL"
"TAMBOR"
"DIN DON"
" A RISA"
"GATUXO"
"A CULLER"





viernes, 12 de mayo de 2017

Aniversario de Yerai

O pasado mes de abril celebramos na aula o aniversario de Yerai que agora xa ten 4 anos!!!
A sua familia agasallounos cun biscoito e un montón de madalenas, e ainda que comemos moito
non acabamos con todo!!!

martes, 9 de mayo de 2017

CORRELINGUA 2017

HOXE ESTIVEMOS EN MOAÑA , XUNTO CON CASI 3000 COMPAÑEIR@S DE TÓDOLOS COLES DO MORRAZO.
ESTRENÁMOLAS NOSAS CAMISETAS E
BAIXO O LEMA "EN GALEGO SEN CANCELAS" , CANTAMOS E BAILAMOS MOGOLLÓN, COAS CANCIÓN  DO " TIC, TAC , TOC" DE PABLO DÍAZ.