miércoles, 31 de mayo de 2017

VISITA DA POETISA MIRIAM

HOXE ACUDIU A NOSA BIBLIO DE INFANTIL A POETISA MIRIAM
CONTOUNOS QUE PARA SER BO POETA É IMPORTANTE COMPOR ALGÚN QUE OUTRO POEMA DE MAGIA , ALGÚN DE RATOS E TAMÉN OUTRO DE CORAZÓNS.












DE SEGUIDO RECITOUNOS:
  • O MAGO PACO
  • O RATO
  • E CORAZÓN BRANDIÑO.

SAÍDA AO CENTRO SOCIAL DE BUEU

O  pasado luns todo o alumnado de  Ed. INFANTIL asistiu no Centro Social do Mar a unha representación musical que correu a cargo de Luís Vallecillo, acompañado pola súa guitarra.
Cantamos e bailamos cancións sobre personaxes de obras de Casares: "A Galiña Azul", "O can Rin e o lobo Crispín"... e tamén disfrutamos do conto musicado "Os tres porquiños".








ANIVERSARIOS DE MAIO NOS PELOUROS A

Este mes celebramolos aniversarios de CARLA E ALBERTO.
PARABÉNS  PARA OS DOUS!!!!!


martes, 16 de mayo de 2017

LETRAS GALEGA 2017

 HOXE MARTES, 16 DE MAIO , FOMOS ATA O COLE DE PRIMARIA, PARA XUNTO CO RESTO DE COMPAÑEIROS/AS DO NOSO CENTRO , RENDIRLLE UNHA HOMENAXE A NOSA LINGUA, E A CARLOS CASARES, ESCRITOR HOMENAXEADOS NESTE ANO 2017.
POIDEMOS ESCOITALA LECTURA DE ALGÚNS DOS SEUS ESCRITOS COMO "LOLO VAI EN BICICLETA ", "A GALIÑA AZUL"...
ALGÚNS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA AMENIZARON O ACTO TOCANDO FRAUTAS, XILÓFONOS..
POR ÚLTIMO ALGÚNS DOS COMPOÑENTES DE GRUPO MANXADOIRA, TOCARON O HIMNO GALEGO, QUE ENTRE TODOS CANTAMOS.







GATUXO

O PASADO XOVES DÍA 11 DE MAIO,SAÍMOS DE EXCURSIÓN ATA O AUDITORIO DE PONTEVEDRA.
NO ESCENARIO XA ESTABAN PREPARADOS MAGÍN BLANCO,JORGE JUNCAL E MARÍA FALTRI.
POUCO A POUCO FORON APAGÁNDOSE AS  LUCES E NO ESCENARIO COMEZARON A SOAR MÚSICAS MOI ARMONIOSAS E AGARIMOSAS , QUE SEMELLABAN CANCIÓNS DE BERCE.
FOI UN VERDADEIRO PRACER E DISFRUTE ,ESCOITAR CANCIÓNS COMO:
"LEITE CON MEL"
"TAMBOR"
"DIN DON"
" A RISA"
"GATUXO"
"A CULLER"





viernes, 12 de mayo de 2017

Aniversario de Yerai

O pasado mes de abril celebramos na aula o aniversario de Yerai que agora xa ten 4 anos!!!
A sua familia agasallounos cun biscoito e un montón de madalenas, e ainda que comemos moito
non acabamos con todo!!!

martes, 9 de mayo de 2017

CORRELINGUA 2017

HOXE ESTIVEMOS EN MOAÑA , XUNTO CON CASI 3000 COMPAÑEIR@S DE TÓDOLOS COLES DO MORRAZO.
ESTRENÁMOLAS NOSAS CAMISETAS E
BAIXO O LEMA "EN GALEGO SEN CANCELAS" , CANTAMOS E BAILAMOS MOGOLLÓN, COAS CANCIÓN  DO " TIC, TAC , TOC" DE PABLO DÍAZ.