PELOUROS

PELOUROS

jueves, 19 de septiembre de 2024

Os Pelouros van ao MiniFIC

 Hoxe os Pelouros tivemos unha xornada moi especial, que estabamos esperando durante toda a semana, fomos camiñando ata o Centro social do Mar para asistir a unha sesión de curtas ao MiniFIC de Bueu.

Ao chegar deixamos as nosas aportacións para o banco de alimentos e a flor que fixemos na aula para o mural do Fic e sacamos a foto de grupo. Despois xa sentadiños na sala estivemos super atentos ás curtas .

E as cinco que proxectaron parecéronnos poucas de tanto que nos divertiron! A favorita na nosa aula despois da votación foi "Pezuñas con patíns" 



 

 



domingo, 15 de septiembre de 2024

O primeiro día de cole

 O  mércores empezamos un novo curso, este ano Os Pelouros xa son, xunto cos furabolos, os maiores do cole e gústoume moito ver que contentos estaban ese primeiro día de atoparse e contar as aventuras do verán. Xogaron libremente ao que mais lle interesaba e a maña pasou moi a presa...Benvidos ao curso 24-25!