sábado, 20 de diciembre de 2025

Obradoiros de Nadal

 Esta última semana os Pelouros foron ata a aula dos seus compañeiros os Furabolos para participar nun taller de galletas , como actividade final do conto que estivemos traballando este trimestre "O homiño de xenxibre" e, como xa sabedes canto nos gusta amasar , foi xenial, e o mellor de todo, as galletas estaban moi ricas!😋

O venres 19 pola maña fomos aos obradoiros da profe Carla e de Eli, onde participamos en diversas actividades e manualidades. Despois collemos forzas, cun chocolate e biscoito, para rematar a xornada no cole de primaria , visitando os Reis Magos e participando na actuación musical con toda a comunidade educativa .

Agora toca descansar nas vacacións . 

Bo Nadal! 


 





martes, 16 de diciembre de 2025

Visita ao IES Johan Carballeira

 O luns 15, fomos de visita ao IES Johan Carballeira para unha sesión de maquillaxe de Nadal e pintado de unllas no obradoiro do ciclo de Imaxe Persoal. Alí  disfrutamos dunha transformación fantástica!

Despois para rematar a xornada visitamos as portas das aulas do instituto que estaban todas decoradas con motivos de Nadal.


 


lunes, 8 de diciembre de 2025

Aniversario de Novembro

 Este pasado mes de novembro tivemos o aniversario de Lúa que cumpriu 3 anos e agora todos os Pelouros teñen 3, ata xaneiro que comezaran a cumprir os catro. 

Para agasallar a Lúa mercamos uns boliños e cantamos a canción de Parabéns. Lúa foi quen de soprar as candeas e, despois de merendar, aínda tivemos tempo de bailar un pouco! 


 



domingo, 30 de noviembre de 2025

Apadriñamentos lectores

O pasado xoves tivemos actividades de apadriñamentos lectores para celebrar o día das Bibliotecas escolares e o aniversario de Papirus . A primeira hora da maña viñeron os nosos padriños e madriñas lectores  ( alumnos e alumnas de 2º de Primaria) para coller da man aos pequenos de tres anos. Con eles achegámonos ata o Bibliocastelo para saudar a mascota do colexio: Papirus. Os nosos padriños e madriñas tiñan preparada a representación de dous contos : Cocorico e Corre , corre , cabaciña. Os Pelouros encantoulles porque o fixeron xenial! Graciñas a todos os  nenos e nenas polo seu esforzo facendo para nós un teatro tan ben representado.

Ao voltar ao noso centro fixemos unha paradiña para ver a decoración de Nadal. Despois os Pelouros quiseron ver ao Papa Noel que está na clase de Cris e alí tamén coñecemos a elfiña Aroa. Como podedes ver o Nadal xa esta aquí! 


 






domingo, 23 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

O pasado martes 18 celebramos o magosto no cole. Saímos do noso  centro e fomos camiñando ata o centro de Primaria onde a asociación Corredoira xa nos tiña preparados uns xogos tradicionais como: bolos , corda, chapas, aros...

Despois do xogo, e xa coas familias que puideron achegarse ata o centro, comemos as castañas que nos asaran os alumnos do IES Joham Carballeira.

Grazas a todos os que fixeron posíbel este Magosto tan fantástico!


 





domingo, 16 de noviembre de 2025

Degustación de froitas do outono

Esta semana para rematar coa unidade temática do Outono fixemos na aula unha degustación dalgunhas froitas do outono.  A granada pareceulle como gominolas , o caqui tamén lles gustou... 

Estou encantada con estes Pelouros porque a maioría probaron todo e comeron ata non deixar nada!😋.  





 

lunes, 3 de noviembre de 2025

Obradoiros de Samaín

O pasado xoves día 30 de outubro tivemos unha xornada moi especial e diferente : "Os obradoiros de Samaín" polos que fomos rotando todas as aulas. Primeiro coa mestra Carla, un obradoiro de tatoos, despois música terrorífica na pantalla e a bailar coa mestra Tati, para despois gozar facendo apócemas coa profe Ana . Despois tivemos que facer unha paradiña para repoñer forzas, cunha boa merenda e por último con Marina ensaiamos o " Trick or treat" e aínda tivemos tempo de xogar no noso fermoso patio!






 



miércoles, 29 de octubre de 2025

Samaín: a nosa cabaza

 Estes Pelouros estan aprendendo moitas cousas e unha delas é a compartir . Así, Lúa compartiu connosco unha grande e fermosa cabaza para que todos os Pelouros puideran axudar a baleirala. Primeiro fixemoslle a cara, os ollos de triángulo, o nariz redondo como no conto de "Tito"  ( que lles gusta moito) e despois unha boca contenta, para que non se asusten moito estes cativos.

Gozaron moito de ver o que había dentro da cabaza e sácalo para fóra , pero o mellor veu ao final cando apagamos as luces e acendemos a candea...qqqqué medoooo! 


 

domingo, 26 de octubre de 2025

Aniversario de Outubro: Elia

 O pasado venres celebramos na aula o aniversario de Elia , que esta semana cumpliu 3 anos !

Primeiro decorou a súa coroa e despois cantamos xuntos a canción de "Parabéns para ti" para despois de soprar as candeas poder comer uns ricos boliños.


 

 

domingo, 19 de octubre de 2025

As folliñas caen...

 Os Pelouros xa están metidos de cheo na unidade didáctica do outono, e o pasado venres quixemos saír da aula , apoveitando o bo tempo , a recoller unhas poucas follas . Para eso achegámonos ata o instituto Joham Carballeira , pedimos permiso e puidemos gozar xogando debaixo das fermosas árbores que teñen . Podedes imaxinar que ben o pasaron , collían as follas , lanzábanas , xogaron na pendente coma se as follas fosen un tobogán ... ata a mestra acabou co pelo cheo de follas. 

Pero o máis fermoso de todo foi como unha compañeira lembrouse de que Lúa non estaba porque atopábase enferma e tivo que marchar, e dixo que ía recoller unhas poucas follas para Lúa. "Que boa amiga!" dixen eu : meu dito meu feito, todas e todos quixeron ser bos compañeir@s e trouxeron follas para Lúa.

Da gosto ver como en pouco máis dun mes que levamos xuntos xa están xurdindo fermosos lazos de amizade. 

Ao voltar para o noso cole preguntaban cando íamos volver...


 

 


jueves, 9 de octubre de 2025

Paseo polo rio Bispo

 Este mércores os Pelouros xunto con outras aulas sairon do centro para ter un contacto máis directo coa natureza . Esto foi como un anticipo para a nova unidade didáctica sobre o outono que iniciaremos a vindeira semana. 

Estes pelouros son moi observadores e descubrían todo: as follas secas , as flores , o río ... pero o que máis lle gustou foi ver os cabalos. 

Como era a nosa primeira saída foi moi curta, pero xa andan preguntando cando volvemos a saír ...

Chegamos cansos pero moi contentos! 


 


domingo, 28 de septiembre de 2025

Aniversario de Setembro

 

No cole da Pedra cremos na importancia deste tipo de festexos, pois resultan moi significativos para os nenos e nenas, non só incrementa a súa autoestima e o feito de sentirse valorados e protagonistas, senón que mellora a comunicación e reforza vínculos cos compañeiros e compañeiras.

É claramente un momento de vínculo emocional que axuda a fomentar un autoconcepto positivo de nós mesmos.

Este mes tivemos de aniversario a Pablo Fernández que cumpliu 3 anos ao pouco de comezar a escola e aínda que tivo que esperar ao último venres do mes para celebralo na aula estaba moi contento . Decorou a súa coroa , cantamos a canción de Parabéns (aínda non a saben ben) e despois soprou as candeas para poder  comer un boliños todos xuntos. 

 


 

Comeza a aventura

 Xa levamos unhas  semanas de curso e os novos Pelouros, despois dunha breve pero intensa adaptación, xa  están atopándose mais cómodos na aula, co espazo e cos compañeiros e compañeiras . 

Estes primeiros días estiveron explorando libremente todos os rincóns da aula , e por primeira vez en anos,  un dos recantos que mais lle gusta é a biblioteca , o mellor e grazas a André, que nos fixo unha donación de libros que  xa non usa , ou a que lle gusta ver por sí mesmos os contos que vou contando na aula...

Pouco a pouco imos establecendo rutinas e normas, que lle aportan seguridade e tranquilidade, porque son moitos cambios os que estan vivindo, e aínda que na aula gozan coa plastilina , os coches , construccións , puzzles... , sen dúbida o que mais lle gusta e o patio , a nosa montaña, onde gosto de velos recoller as follas do outono.

Comezamos tamén a desenrolar a creatividade con pinturas , ceras, gomets... para que botedes un ollo ao interior da aula deixo unhas fotos por aquí:

 


 

 




domingo, 22 de junio de 2025

Imos de Romaría

 O útimo dia de este curso estaba reservado para realizar a Romaría. Os Pelouros, coas súas capas, desfilaron con  todo o cole ata o Ramal dos galos onde puidemos asitir a dous talleres : primeiro un contacontos sobre números a cargo de Noelia e despois un taller de percusión con Tania . Despois fomos a tomar a merenda e xa tivemos que prepararnos para facer a obra de teatro "Imos de romaría " Os  Pelouros que son uns artistas fixérono xenial! Despois  de outras actuacións puidemos xogar un pouco e prepararnos para continuar a xornada coas nosas familias comendo todos xuntos. Foi un tempo de convivencia moi especial e agradecemos a todas as familias a vosa participación .


 


 


Aproveito para despedirme de este ciclo 2022- 2025, foi un pracer acompañar aos nenos e nenas nesta aventura , todo o meu agradecemento para os Pelouros e para as familias , grazas por todo!

Feliz verán!!!