domingo, 26 de noviembre de 2023

O 25N: Conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


 Os Pelouros tamén nos sumamos a esta conmemoración , facendo un mural con todo infantil coas nosas mans de cor morado. Aproveitamos para contar xuntos un conto na aula dos Furabolos para entender un pouco mais do tema: " Eu vou comigo"



E tamén participamos na elaboración e  canción " Nelas temos que crer" con todo o colexio. Gozamos moito de participar xuntos con todos os compañeiros e compañeiras!



 

 

sábado, 25 de noviembre de 2023

O protagonista sa semana: Simón

 Esta semana tivemos de prota a Simón, que gozou das suas tarefas de prota como pasar lista e encher o calendario,pero como lle gustan moito as mates encantoulle o conteo , que traballamos dun xeito manipulativo con diferentes materiais.

Hoxe venres achegáronse ao cole Alan e Dina para falarnos dunha das paixóns desta familia que é a música. Ensinaron  algúns dos intrumentos que tocan: a guitarra e o baixo, e para a felicidade dos nenos e nenas deixaron que eles probaran a tocar tamén . 

Falaron das cancións axeitadas para durmir e estar tranquilos e das que serven para despertarnos pola maña, das notas musicais, dos silencios na música ...

Tamén puidemos coñecer a música gospel e mesmo nos ensinaron unha pequena canción.

Os nen@s levaron para a casa como agasallo uns pequenos ovos musicais.

Habendo música non podia faltar o baile, que ben o pasaron os Pelouros! 

Grazas familia por compartir ese tempo connosco e conseguir esas caras de felicidade nas nenas e nenos!


 



viernes, 24 de noviembre de 2023

ANIVERSARIO DE NOVEMBRO: ALEX

 Este mes tivemos de aniversario a Alex que como a maioria dos seus compañeiros xa ten 4 anos e puidemos celebrar na aula unha festa con boliños e cancións que tanto lle gustan ao noso compañeiro.


 



viernes, 17 de noviembre de 2023

Magosto

 O martes 14 celebramos no cole de infantil o noso Magosto.

Este ano tivemos que pospoñer os xogos por mor da choiva pero xuntámonos no ximnasio para cantar a canción do Magosto todos xuntos, e despois chegou o tempo de encher os nosos cestiños coas castañas ben quentiñas que asou Ramón e, comelas! 😋