PELOUROS

PELOUROS

lunes, 16 de marzo de 2020

TEMPO NA CASA




Un saúdo familias !!!!
Nestes  días as profesToñi e Teruca acordámonos moito de vós.
Somos conscientes de que este cambio de ambiente e de horarios ,pode supoñer un aumento de estrés nos peques e rareza, botando en falta o colexio e aos compañeiro@s.
Serán días de convivencia no fogar e en familia.
Agora é moi importante apoiar as rutinas diarias dos nenos/as
RITMOS DE CONVIVENCIA, apoiando este ritmo dos nenos/as e seguindo unha orde básica nos distintos momentos do día.
Sería bo ter un horario fixo nos momentos  de :Almorzo, comida, merenda , baño e descanso.
Predeterminar e fixar os horarios de TV, uso de tablets...e outros dispositivos tecnolóxicos.
Existen páxinas web ou blogs nos que podemos atopar ideas de actividades que podemos facer con eles no fogar. a continuación mostramos algún deles:
Neste blog poderedes atopar xogos caseiros( con elementos que xa temos na casa), cos que os peques poden reforzar o seu coñecemento sobre: Números, formas, as emocións, as letras……

Preparar plastilina na casa pode ser unha actividade económica , fácil  e divertida.
De este xeito podemos desenrolar a motricidade fina , manipulando a masa e explorando a nosa capacidade artística e creativa.
Tamén podemos realizar xogos de GRAFISMO CREATIVO como os que atopamos  neste BLOG:
Para os que só precisamos folios, lápices, rotus, gomets…..
Así mesmo sería interesante  compatir as tarefas no fogar, sobre todo na cociña, levando a cabo sinxelas receitas como as que se nos ofrecen en:
Seguimos en contacto familias dos Pelouros e dos Furabolos.
Desfrutade de estes días xuntos!!!

No hay comentarios: