O noso estilo de vida asociado ás comidas e a actividade física , son unha combinación sólida para un bo e san crecemento.
A base da dieta galega, ten o seu fundamento nos alimentos de proximidade e de tempada.
En Bueu temos a sorte de poder desfrutar destas virtudes grazas á cercanía do mar , a boa climatoloxía e un vínculo coa terra que as xeracións precedentes combinaron e continúan realizando.
Por iso, que mellor idea que tratar de que os nosos pequenos poidan traballar a terra e cultivala.
A ANPA do noso cole participou nesta iniciativa poñendo a nosa disposición aros prefabricados .
Unha vez enchidos de area e terra, comezou a nosa implicación no proxecto: "Hortos escolares"
A primeira tarefa foi limpar de pedras o terreo de plantación.
A continuación volcamos unha bolsa de mantilllo e sustrato para enriquecer a terrra.
Esperamos que nunhas semanas poidamos comprobar o seu crecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario