"Non hai mellor receita para se sentir ben que recibir unha aperta.Así entendemos nós a Paz: coidarse, quererse e darse aloumiños. Para todas aquelas persoas que estes días máis precisan unha aperta, aquí vai a nosa, da man do benquerido Magín Blanco."
Para o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA, ensaiamos e cantamos esta canción, que de seguro xa viñades desfrutando na casa cos vosos peques, e que agora vos deixamos aquí para que podades cantala con eles.
E días máis tarde rematámolo na aula, e fixemos un debuxo da canción "Rumba das apertas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario