Este mes empezamos na Asamblea a rexistrar o tempo, para traballar a observación dos fenómenos atmosféricos mais comúns e identificar a sua importancia na vida cotiá, así fixándonos sempre na ventaniña da clase cada día fomos poñendo un gomet distinto según se facía sol , estaba nubrado ou chovía.
Ao final, como os Pelouros querían descubrir quen gañou, fixemos unha actividade de conteo, e cunhas torres de policubos fomos quen adiviñar cal era a torre máis alta, e como podedes ver na foto gañou a choiva este outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario