Esta semana celebramos o Entroido no cole e cada día os nenos e as nenas foron cumprindo co mandadiño. Foi unha semana especial, de festa , de facer máscaras, bailar e pasalo ben cos compañeir@s.
O mellor día foi, sen dúbida, o venres 17 que recibimos no noso patio de infantil a toda a comunidade educativa: compañeir@s de primaria, profes e familias.
Aquí gozamos realizando un desfile por niveis para poder ver o disfraz de cada grupo, todos relacionados co tema do do colexio este ano: "Moito máis que xogo"
Como sabedes os Pelouros foron disfrazados de "Dominó" e xa podedes ver nas fotos que guap@s estaban.
Despois do desfile contamos coa actuación da comparsa "Os mulos" que nos cantaron algunha das súas murgas.
Xa cansos, fomos a repoñer forzas compartindo as nosas merendas de Entroido, onde non faltaron : filloas, orellas e rosquillas.
Para rematar seguimos gozando do tempo e da festa no patio.
Grazas familias por a vosa colaboración e por acompañarnos este dia tan especial.
Así de contentos están co seu disfraz o venres 24 !
No hay comentarios:
Publicar un comentario