PELOUROS

PELOUROS

domingo, 18 de febrero de 2024

Protagonista: Leo

 O pasado venres tivemos a sorte de visitar o taller de Thomas, o pai de Leo, acompañados pola súa nai Elena e o seu irmán Alex. Aínda que Leo estivera de prota hai unhas semanas tiñamos pendente, por mor do tempo a actividade do protagonista. 

Sair da aula sempre é unha experiencia enriquecedora pero neste caso foi algo único, porque resulta moi difícil acceder ao taller dun artista, ese lugar onde Thomas crea e produce as súas obras. Alí puderon comprobar como os diferentes materiais se transforman en arte grazas a imaxinación do artista.

Primeiro explicaron en que consistía o seu traballo, Thomas o pai, como artista adicado á pintura e á escultura e Elena, a nai, como comisaria de arte, encargada de organizar as exposicións para amosar o traballo do artista ao público en xeral.

Despois descubrimos como é oproceso de creación : a cor , a forma , o volumen...

Coñecemos a gran variedade de materiais empregados, moitos de refugallo, que cobran nova vida nas mans de Thomas.

Tamén axudaron ao proxecto de Grecia explicando a policromía nas obras da antiga Grecia como o Partenón e mesmo invitaron aos nenos e nenas a pintar con pincel diferentes figuras da mitoloxía grega para construir entre todos o noso friso, a nosa obra de arte.
 

Mentras uns pintaban outros montaban unha obra de arte que era un puzzle , outros descubrian as dimensións das esculturas...

Grazas familia por a vivencia desta experiencia única, por facer sentir aos nenos e nenas artistas por un día e achegarse a arte a traves dunha obra actual , do noso tempo.






 

No hay comentarios: