Na aula dos Pelouros estamos facendo un proxecto sobre a antiga Grecia e aínda que os gregos deixaron grandes coñecementos e sistemas de goberno, como a democracia, tamén estamos comprobando o papel da muller en aquela sociedade , así que o 8M reflexionamos sobre a sorte que temos de vivir na actualidade e das conquistas acadadas no tema da igualdade, e a vontade de seguir loitando para dar as nosas nenas unha sociedade máis xusta.
Todo o colexio de infantil elaborou un mural conxunto cheo de bolboretas que simbolizan a liberdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario