PELOUROS

PELOUROS

miércoles, 29 de enero de 2025

Protagonista André: Noe visita aos Pelouros

 Esta semana tivemos de protagonista a André e como os seus avós non podían vir ao cole invitou a súa curmá Noe para que viñera facernos unha visita o luns pola maña. Noe está cursando Educación Infantil , así que veu encantada ao cole e cunha proposta innovadora: "Plastilina condutora". Para acadar ese obxectivo, primeiro preparou unha receita de plastilina que elaborou na aula coa axuda dos Pelouros, que tiveron que facer moita forza 💪 para facer zume de limón😂.

 Despois mentres esperabamos que arrefriara a plastilina contounos un conto sobre a súa familia feito por ela mesma, que deixou na aula para que os nenos e nenas o poidan ler cando queiran. 

Por fin, xa colocou as pilas , os cables e coa axuda de André comprobamos que efectivamente a plastilina conduce a electricidade e acendeu unha luz! Os nenos e nenas quedaron abraiados , claro que non toda a plasti fai este efecto, soamente a elaborada cos ingredientes axeitados  (limón , neste caso) despois de que comprobasemos que na plastilina normal que usamos no cole non pasaba a electricidade , Noe, dou por finalizada a sua visita . 

Os Pelouros pasaron con ela un tempo estupendo de aprendizaxe e diversión , e como sempre, estes Pelouros sonche moi agradecidos , démoslle as grazas a Noe por todo o seu traballo e esforzo. Esta chica vale un montón e será nun futuro unha profe estupenda!!!


 




No hay comentarios: