Esta iniciativa saiu dos mesmos nen@s da aula que querían compartir os seus contos favoritos da casa . Así que apoveitamos a hora de ler despois do patio para ter un momento de relax escoitando os contos que traian da casa , ás veces a profe leía o conto e os nen@s amosaban as imaxes , outras veces eles mesmos se encargaban de contalo. O momento mais fermoso era ao rematar cando todos lle daban as grazas ao compañeir@ que trouxera o conto. Agora , dende aquí tamén quero agradecer ás familias a sua colaboración. Gazas por compartir
No hay comentarios:
Publicar un comentario