O pasado mércores fomos de visita ao Museo Massó para coñecelo, ver os cadros de Lugrís e tamén facer unha búsqueda do tesouro especial porque a través das diferentes salas tiñamos que atopar imaxes de gaivotas.
Despois construimos entre todos o puzzle dunha gaivota.
Ao final coloreamos unha gaivota coas nosas cores favoritas.
Como os Pelouros somos moi curiosos fixemos moitas preguntas. Foi un día de escola diferente e, aínda que chegamos de volta ao cole esgotados pola camiñata, disfrutamos moito coa excursión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario