PELOUROS

PELOUROS

jueves, 10 de junio de 2021

Excursión á Capela dos Santos Reis

 Onte fixemos unha das excursións programadas dentro do proxecto que estamos traballando para coñecer mellor a obra de Urbano Lugrís,  e fomos facendo unha camiñata ata a Capela dos Santos Reis.

Martina que estaba de prota guiounos polo camiño porque vive perto dalí.


Ao chegar á estrada, grazas á xestión da profe Teruca, contamos coa axuda da Policia Local, que nos acompañou pola parte perigosa da estrada.

Aproveitamos que Julia compartira connosco o libro das "formiguiñas silandeiras" antes de onte e así fomos coma elas tod@s sen sairnos da fila. Hei de recoñecer que o fixeron xenial!


Ao chegar escoitaron a explicación sobre a capela descubrindo os relieves mariños que aparecen enriba do arco.

Despois xa famentos tomaron a merenda e xogaron ao lado da capela .

Foi un día diferente e pasámolo xenial!!!



No hay comentarios: