Hoxe pola mañá , dentro das actividades de celebración do fin de curso, tivemos a actuación da Orquesta Pantasma , que a pesares do nome, era unha soa persoa que tocaba o mesmo tempo varios instrumentos ,usando mans e pés. Foi espectacular e o mellor de todo foi que os cativos non pararon de bailar , tanto que algúns remataron esgotados. Pero valeu a pena , a festa rachada sempre lles encanta aos Pelouros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario