O pasado venres día 10, os Pelouros foron de excursión , por primeira vez, porque debido ao covid non foramos quen de ir os outros anos.Así que sí, o tempo axudou, facía un día soleado , a viaxe en autobus fisoxe curta con toda a emoción do que estaba por vir. Primeiro fomos a Pirata Park , onde non pararon nin un segundo . A diversión estaba asegurada , aquí van unhas poucas fotos ....
Despois para repoñer forzas merendamos😋😋😋😋
Antes de subir ao autobus para ir ao Museo do Mar fixemos unha foto de grupo
De novo o autobus achegounos ao Museo que estaba moi cerca. Alí fixemos un taller coas monitoras do Museo sobre as especies mariñas das nosas rías e logo fomos ver o acuario.
E chegou a hora de voltar para Bueu , xa un pouco cansos despois de tanta emoción...
No hay comentarios:
Publicar un comentario