O pasado xoves achegáronse ao noso cole un grupo de alumn@s do Johan Carballeira, acompañados por Noelia, para deleitarnos cun contacontos en lingua de signos. Estes alumn@s fixéronnos gozar con contos como "Lúa", "Animais" e "Violín" pero sen dúbida o que máis nos gustou foi o conto "Que chega o lobo!" cun final que sorprendeu a nenos e maiores.
Despois estiveron de visita na aula dos Pelouros, algúns deles foran alumnos da profe Toñi , e gozamos dun tempo especial lembrando vellas historias e interactuando con nosos cativos, que estaban encantados coa visita.
Deixaron un agasallo na aula, os contos signados. Grazas por esta actividades e polo tempo que pasamos xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario