Esta semana estivo Liam de protagonista, moi contento de pasar lista, facer o conteo dos que viñeron ao cole e os que faltan, e ademais das outras tarefas de prota, escribiu o seu nome e fixo o seu debuxo. Pero , sen dúbida o que máis nos gustou foi a súa biografía, porque alí contounos cousas da súa familia galega e de Nova Zelanda e, como os Pelouros estaban interesados no tema, falamos do kiwi paxaro que so vive nese país e tamén do "haka" típico da cultura maorí e que normalmente representan os All Blacks antes de xogar.
Ademais contounos no libro as cousas que lle gustan e presentounos a súa irmá Sofía. Agora xa podemos dicir que coñecemos a Liam un pouquiño máis!
Grazas familia por colaborar nesta actividade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario