O PASADO MÉRCORES, GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS QUE NOS TROUXERON UVAS, PUIDEMOS FACER "O XOGO DO VIÑO" QUE CONSISTIU EN PISAR AS UVAS. PARA FACELO, XUNTAMOS AS DUAS AULAS DE 5º DE INFANTIL
PRIMEIRO FALAMOS DA VENDIMA QUE ERA RECOLLER AS UVAS CANDO ESTÁN MADURAS, OS NENOS E NENAS APORTARON AS SUAS EXPERIENCIAS CO TEMA, COMO SIMÓN QUE É TODO UN EXPERTO!!!
DESPOIS DE AXUDAR A LIMPAR OS ACIOS DE UVAS E BOTALOS NA TINA FOMOS PARTICIPANDO PARA TER A EXPERIENCIA DE PISAR AS UVAS, BUENO, NON OBRIGAMOS A NINGÚN NENO OU NENA A PARTICIPAR ,FOI VOLUNTARIO PERO COMO O XOGO PARECIA DIVERTIDO A MAIORIA PARTICIPOU CANTANDO MENTRES PISABA:
O XOGO DO VIÑO
CONSISTE EN PISAR
AS UVASMADURAS
QUE ESTÁN NO LAGAR
AS PISO, AS PISO
AS VOLVO A PISAR
AS UVAS MADURAS
QUE ESTÁN NO LAGAR
DESPOIS DE PISAR AS UVAS PROBAMOS UN MOSTO , QUE ESTABA MOI MOI DOCE, ASÍ QUE GUSTOUNOS MOITO, MOITO😋
COMO GOZAMOS DA ESCOLA ESTOS DÍAS DE ACTIVIDADES ESPECIAIS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario