O PASADO LUNS FIXEMOS UNHA SAÍDA FÓRA DO COLE PARA ACHEGARNOS AO FIC DE BUEU. COMO CHOVÍA POLA MAÑÁ, BAIXAMOS ATA O CENTRO EN AUTOBÚS PARA NON MOLLARNOS. PARA NÓS, FOI ESTUPENDO, PORQUE OS PELOUROS ENCANTALLES IR EN BUS.
XA NO FIC, FIXEMOS ENTREGA DA NOSA APORTACIÓN PARA COLABORAR CO BANCO DE ALIMENTOS (GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN) E DESPOIS SENTAMOS, COMA NO CINE, PARA GOZAR DAS CURTAS. A VERDADE É QUE OS PELOUROS NON FORON QUEN DE DECIDIR CAL LLES GUSTARA MÁIS PORQUE DISFRUTARON CON TODAS.
A VOLTA AO COLE COSTOU UN POUCO MÁIS PERO LOGIÑO, COA MERENDA, RECUPERAMOS FORZAS PARA REMATAR UNHA XORNADA TAN ESTUPENDA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario