PELOUROS

PELOUROS

lunes, 17 de febrero de 2025

Protagonista Roi: A avoa Carmen

Esta semana esta de protagonista Roi, e quiso empezar a semana acompañado da súa avoa Carmen  que estivo na clase dos Pelouros para contarlles un contiño.

Escolleron o primeiro libro de Felipe Díaz, coñecido por todos como Caxoto, que inspirouse na súa infancia para escribir o conto: "Avoa, neto e burro"

Esta vez tiñamos a avoa, Carmen, o neto Roi, e soamentes nos faltaba o burro...😂😂😂

Grazas Carmen por achegarte a nosa aula para contarnos un conto!


 

sábado, 15 de febrero de 2025

Protagonista Daira: o avó Emilio visita o cole

 Este venres e dentro da semana na que Daira é a protagonista, os Pelouros recibiron a visita de Emilio ou Milo, seu avó. Penso que vive en Meiro , así que aproveitou a visita para falar do millo corvo e de porque se lle chama así, e ensinou unhas mazarocas de millo corvo. Contoulles un pouco de como facían antes que tiñan que axudar na casa a sementar, recoller, debullar e mesmo ir ao muiño para facer fariña. Trouxolles fariña e  tamén millo para debullar, actividade que lles encantou!

Explicou que antes non había xoguetes como agora e que xogaban cos carozos do millo. E  fíxolles uns foguetes e unha boneca.

Grazas avó Emilio por achegarte ata o colexio e contarlles tantas cousas aos Pelouros!


 




miércoles, 5 de febrero de 2025

Protagonista: a avoa de Helena visita o cole

 Esta semana temos de protagonista a Helena, e a súa avoa quiso achegarse ata o cole para contarlles ós Pelouros o conto "Qué jaleo, Timoteo" , que como é un conto moi divertido gustoulles moito, e incluso contou coa colaboración de Helena que axudou a avoa a ler o conto. 

Tamén lles trouxo unhas fotocopias con partes do conto para cada un e un pequeno resumo da historia

Despois por equipos puxemos o nome do conto e a data e coloreamos as imaxes, para poder levalo para a casa como agasallo da avoa de Helena.

Moitas grazas familia por colaborar en esta actividade! 


 



sábado, 1 de febrero de 2025

Aniversarios de xaneiro

 Este mes celebramos un aniversario moi especial porque os Pelouros empezan a cumplir 6 anos , a primeira foi Dania e logo Uxía, que o celebraron xuntas o venres.

Primeiro decoraron a coroa coa tarta e moitas, moitas pegatinas e despois sopraron as candeas nos boliños que non tardaron en papar 😋

Logo festa rachada, como se di, os Pelouros  como vedes nas fotos saben pasalo xenial!!!

Parabéns para Dania e Uxía!!!