PELOUROS

PELOUROS

viernes, 28 de febrero de 2025

Entroido 2025

 Hoxe , despois dunha semana de irnos preparando co mandadiño, os Pelouros xunto con todo o colexio botáronse ás ruas de Bueu para desfilar. Este ano dentro do proxecto de "Imos de Romaría"  os Pelouros e Furabolos foron de "cantar de cego", fixeron as zanfoñas na aula e mirade nas fotos que guap@s están.

No colexio de primaria cantaron a canción e desfilaron e tamén gozaron vendo aos nenos e nenas de primaria e as súas actuacións.

Para rematar compartiron unha merenda con doces típicos do entroido. Foi unha xornada xenial!

Grazas a todas  as familias  por colaborar co disfraz e acompañarnos nesta xornada festiva. Felices vacacións de Entroido! 





No hay comentarios: