Este venres e dentro da semana na que Daira é a protagonista, os Pelouros recibiron a visita de Emilio ou Milo, seu avó. Penso que vive en Meiro , así que aproveitou a visita para falar do millo corvo e de porque se lle chama así, e ensinou unhas mazarocas de millo corvo. Contoulles un pouco de como facían antes que tiñan que axudar na casa a sementar, recoller, debullar e mesmo ir ao muiño para facer fariña. Trouxolles fariña e tamén millo para debullar, actividade que lles encantou!
Explicou que antes non había xoguetes como agora e que xogaban cos carozos do millo. E fíxolles uns foguetes e unha boneca.
Grazas avó Emilio por achegarte ata o colexio e contarlles tantas cousas aos Pelouros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario