O Luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, empezamos contando o conto "Leonor y la paloma de la paz" e fixemos unhas coroas coa pomba da paz na nosa aula. Despois realizamos a nosa primeira saída ata o colexio de primaria para celebrar xuntos esa festividade. Gustounos moito saudar aos nen@s de primaria , sobre todo os que teñen irmáns alí. Cada aula leu o seu manifesto pola paz, cantamos xuntos a canción de "Convivindo" e en inglés "All you need is love" .
Aínda que a paz é algo que traballamos todos os días na aula ese foi unha celebración especial que disfutamos xunt@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario