Esta semana tivemos de protagonista a Pedro que estaba moi contento de ser prota , ser o primeiro na fila , pasar lista na asamblea, poñer o calendario... Ademais compuso as letras do seu nome , fixo o seu autorretrato, e o que máis lle gustou foi ensinar o seu libro, onde aprendemos da súa familia, e sobre todo falounos da súa irmá Lucía, coa que comparte moitos xogos.
Grazas familia por colaborar con esta actividade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario