PELOUROS

PELOUROS

jueves, 26 de enero de 2023

Plantamos na horta do colexio

 

O martes os Pelouros fomos traballar por primeira vez na horta do cole. Esta foi unha nova experiencia para eles e como nos gusta facer as cousas xuntos ala fomos co sacho na man! Plantamos leitugas , espinacas e allos porros . Houbo que manchar as mans pero iso non foi problema os Pelouros so estaban un pouco molestos polo cheiro a esterco…😂

Despois na clase contamos un dos contos favoritos da profe Toñi “A mellor sopa do mundo” e aí comprobaron como cos vexetais que plantamos poderían nun futuro facer unha boa sopa. Serán os Pelouros bos cociñeiros ademais de bos agricultores? Teremos que comprobalo nun futuro…











 

 

No hay comentarios: