PELOUROS

PELOUROS

martes, 14 de noviembre de 2023

A protagonista da semana: Uxía

 Hoxe tivemos na aula dos Pelouros a visita da familia de Uxía , que será a prota durante esta semana. Ana , Andrés e Alba (a súa irmán ) achegáronse ao cole para falarnos das suas profesións e facer unha actividade connosco. Ana contounos que o seu traballo consiste en axudar a xente e Andrés amosounos, a través dunha actividade, o complicado que pode ser organizar un festival de música. Cada equipo tivo que pensar en como organizar o seu concerto, o lugar , o nome do festival e tamén o nome dos cantantes ou grupos invitados. Para rematar as nenas e nenos recibiron como agasallo unha pulseira do festival SonRías. Como podedes ver nas fotos os nenos e nenas gozaron con esta proposta e pasaron un tempo estupendo xuntos.

Grazas familia , por compartir este tempo cos Pelouros!








 

No hay comentarios: