Este mes de outubro voltamos a retomar a nosa actividade de observación e rexistro do tempo de cada día.
Este ano tamén iremos memorizando algún refrán ou dito relacionado co tempo de ese mes, así iremos achegando aos nosos nenos e nenas ao pensamento popular baseado na experiencia e na nosa cultura.
O dito de este mes foi: " A lúa de outubre sete cubre", así que toca un ano de moita choiva e iso comprobamos ao contar os días de choiva de este mes, porque dende o 12 de outubro, non parou de chover!
Fixemos unha torre e relacionamos a grafía coa cantidade, estes Pelouros estan manexando moi ben os números e con actividades como esta aprenden dun xeito lúdico e manipulativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario