Esta semana tivemos a Dania de protagonista que estivo encantada de facer todas as actividades da asamblea. Aproveitemos para traballar a lectoescritura atopando e escribindo palabras que empezan por "D".
Pero, sen dubida, o mellor foi, que o martes a súa nai Naima e o seu irmán pequeno Ahmed, achegáronse ata o cole para falarnos do seu país de orixe: Marrocos. Así, aprendemos moitas cousas da súa cultura, das comidas tradicionais como cuscús , doces típicos, dátiles ... e tamén trouxo unha "xilaba" que é un vestido longo con carapucha que utilizan homes e mulleres en Marrocos. Grazas familia por participar nesta actividade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario