Partindo do proxecto do colexio “Moito máis que xogo” os
Pelouros tamén participaron no proxecto realizando na aula unha gamificación
sobre o tema do xogo.
Empezamos recibindo na aula dos Pelouros unha carta de Papirus, o polbo mascota do noso cole, onde nos pedía axuda para salvar os xogos tradicionais porque debido ao uso de tablets , xogos de ordenador e consolas, corrían o perigo de perderse.
Os Pelouros aceptaron o desafío de axudar a Papirus e mans a obra.
Papirus enviou un libro do seu Bibliocastelo sobre o pintor Bruegel e alí atopamos o seu cadro “Xogo de nenos” e, con lupas nas mans, os Pelouros foron identificando moitos dos xogos que alí aparecían.
De todos eles Papirus invitounos a xogar a 10 xogos e selar nun carné cada xogo para ao rematar conseguir a medalla de campión ou campioa de Xogos tradicionais
O mestre de Psicomotricidade tamén participou xogando na súa clase cos: zancos, aros, a pita cega, as agachadas, bolos e outros máis.
Na aula e no patio tamén xogamos: a cadeira da raíña, os pelouros, ás agachadas, aos disfraces, coas monecas, pompas etc.
Xogamos e xogamos ede cada xogo traballamos algún aspecto do currículo: esquema corporal, o circulo, alto baixo, relación grafía cantidade…
Ao final conseguimos o tan ansiado premio: unha medalla feita coa impresora 3D do noso cole.
Con este proxecto comprobamos que xogando é a mellor maneira de aprender!
No hay comentarios:
Publicar un comentario