Coa chegada do bo tempo os Pelouros tiveron ganas de saír de excursión e aproveitamos o paseo do río Bispo que está cerca do colexio para saír a vivir unha aventura e descubrir os cambios que na natureza está a provocar a chegada da primavera. O paseo foi unha gozada, collemos flores, fixemos ramiños, e como dixo Telmo tivemos sorte de cruzar a ponte sen atopar ningún ogro como no conto dos chibos chibóns. Atopamos un cabalo, quedamos pampos mirando a cascada, pero tivemos mala sorte cos patos: non atopamos ningún, outra vez será...
No hay comentarios:
Publicar un comentario