Cando chega a primaveira todo o mundo empeza a plantar , que si pementos , que si tomates..., os Pelouros tamén decidiron plantar algo e pedimos axuda a Susana Jardinera, que estivo encantada de vir ao cole de visita.Pero non veu soa senón que trouxo un montón de plantas , nesta ocasión a maioria "suculentas" , que son unhas plantas moi resistentes e que necesitan pouca auga. Meu dito , meu feito, ahí chegou ao cole e os Pelouros estiveron moi atentos para aprender cousas das plantas. Despois mans a terra , porque para plantar hai que manchar as mans, escoller a planta e facer un buraco na terra para colocala, sen esquecerse da importancia da auga, todos foron regando. Para rematar a nosa prota esa semana Iria entregoulle un agasallo a Susana para agradecerlle que se achegara ao cole a compartir unha xornada connosco. Mellor podedes ver todo o proceso no video:
No hay comentarios:
Publicar un comentario