PELOUROS

PELOUROS

sábado, 27 de enero de 2024

Demostración de Tiro con Arco

 

O pasado venres os nenos e nenas de infantil fomos ata o cole de primaria para ver no ximnasio unha demostración de tiro con arco. Neste caso foi Ramón, o noso conserxe, que practica este deporte olímpico o que aceptou a nosa invitación para contarnos como se practica este deporte, xa que este ano as nenas e nenos de Infantil eliximos como disfrace o de “diana”.

Ramón explicounos moi ben que o tiro con arco é un deporte olímpico que usa un arco para disparar frechas a unha diana, Amosounos o seu equipo : o arco desmontado, o equipo de protección ( dactilera para protexer os dedos, e protector de brazo), o “carcaj” para gardar as frechas , as plumas das frechas.

Despois da explicación e de aclarar todas as dúbidas, fixo unha demostración , lanzando as frechas á diana sen pasar da liña. Esa foi a parte mais emocionante: Ramón é un arqueiro estupendo , merece unha medalla!




 

No hay comentarios: