O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz, e despois de facer unha pomba de papel fomos a celebralo xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria. Para eso achegamonos ao seu cole e escoitamos os lemas de cada aula sobre as cousas que nos ensina o deporte: xogar en equipo, facer amigos, gañar e perder, seguir as normas...
Despois tivemos a sorte de contar coa visita de Olalla das Tanxugueiras que cantou connosco a súa canción "Terra" que nós estiveramos aprendendo coa nosa profe de música.
Para finalizar o acto soltaron unha pomba que foi un bo final para unha actividade que nos encantou , aínda que sabemos que o reto é vivir a paz todos os dias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario