ESTA SEMANA ESTIVO DE PROTAGONISTA A HELENA, E HOXE MÉRCORES TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA DA SÚA NAI ,VALERIA, QUE ACHEGOUSE AO COLEXIO PARA FALARNOS SOBRE O SEU PAÍS DE ORIXE: VENEZUELA. ELA CONTOUNOS ALGUNHAS COUSAS E DESPOIS AS NENAS E NENOS FORON FACENDO PREGUNTAS PARA IR COÑECENDO MÁIS DE ESE PAÍS.
O QUE MAIS LLE GUSTOU AOS PELOUROS FOI A RECEITA TÍPICA DO SEU PAÍS : AS AREPAS , QUE VALERIA FIXO PARA QUE PUIDESEN PROBAR QUE RICAS ESTÁN!
AS AREPAS RECHEAS DE QUEIXO ESTABAN BOÍSIMAS!😋
GRAZAS FAMILIA POR COMPARTIR ESTA ACTIVIDADE CONNOSCO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario