Hoxe tivemos no cole a visita da familia de André, que está de prota esta semana. Por sorte achegouse ata o cole toda a familia: Alba, Rubén, e o irmán maior, Xoel.
Esta familia decidiu contarnos un conto moi especial, "El atlas de los lugares que no existen", onde nos falaba de países que soamente existen no mundo dos soños. O que máis nos gustou do conto foron as ilustracións.
André é un protagonista moi detallista e quiso agasallar as súas compañeiras e compañeiros cunha pulseira para cada un, feitas por él mesmo.
Despois cada equipo decorou un globo, facendo unha cara divertida con diversos elementos : ollos, pompóns, papel, rotus... Pasámolo xenial!!!
Grazas familia por colaborar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario