PELOUROS

PELOUROS

jueves, 7 de mayo de 2020

CONXURO CONTRA O CORONAVIRUS





MARCHA, CORONAVIRUS, MARCHA!
Onte lembramos a festa do SAMAÍN cunhas fotos que nos fixeron recordar o ben que o pasamos no cole aquel día. O cole enchérase de teas de araña, morcegos e cabazas para celebrar o día máis terrorífico do ano, e mesmo escoitamos e cantamos cancións cunha rica merendola no ximnasio cos nosos compañeiros da outra clase.
 
Pois, ao parecer, nestes días as ventás e balcóns dalgunhas rúas de Bueu enchéronse de bruxas e gatos negros para espantar o coronavirus, e así poder volver saír das nosas casas como faciamos sempre. Mesmo escoitei que hai unhas meigas preparando un conxuro especial para facelo desaparecer da nosa vila!
 
Que vos parece inventar un conxuro para acabar co coronavirus? Podedes inventar un pequeno conxuro ou unha receita máxica para facelo desaparecer coas vosas familias, e compartilo con nós para publicalo no blogue e que todos os compañeir@s o poidan ver. Aquí tedes un exemplo:
 
PATAS DE ARAÑA,
COLA DE LEÓN,
QUE O CORONAVIRUS
PRONTO TEÑA SOLUCIÓN.
 
Seguro que entre todos o facemos desaparecer e pronto poderemos volver ao cole e xogar na rúa cos nosos amigos.

No hay comentarios: