PELOUROS

PELOUROS

viernes, 15 de mayo de 2020

EMOCIÓNS

Onte falei coa avoa dunha nena da clase e contábame como pasaba por diferentes emocións durante estos días, por iso hoxe imos falar das emocións. Os nen@s experimentan as mesmas emocións que os adultos e é moi importante que sexan capaces de manexalas correctamente.
Para iso imos contar coa axuda do"Monstro de cores"
O noso amigo atópase raro, confuso e non sabe o que ten fíxose un lío coas suas emocións xa que xuntas e revoltas non lle axudan a aclararse, non funcionan. Por sorte a súa amiga vaille botar unha man. Intentando identificalas e ordenalas en tarros en función da emoción. Deste xeito poderá xestionalas mellor, entendelas e, se é posible transformalas.
Proposta de actividade:
Materiais  que precisamos: un folio, cores, moitas ganas de garabatear...e o ingrediente máis importarte alguén da familia que debuxe os tarros.
Despois falamos do que sentimos: rabia, alegría, tristeza, calma, ou medo.

Comezamos a garabatear (ou colorear) dentro do tarro que asociamos o noso estado emocional.
É posible que nos sintamos de varias maneiras, é dicir, alegre pero asustado á vez, ou rabioso e triste ao mesmo tempo, por iso vos deixo este debuxo con tres tarros para que escollades cantos queredes garabatear ou colorear por dentro.
Acompañámolo debuxo co noso nome e título do conto.



No hay comentarios: