Este ano 2020 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras polo seu traballo en defensa do idioma galego e da nosa cultura.
Ricardo Carvalho Calero foi un gran escritor galego. Naceu na cidade coruñesa de Ferrol e era o maior de seis irmáns.
Defendeu o idioma galego, escribiu moitos libros no noso idioma. Un dos seus libros mais famosos para os nen@s é "As pitas baixo a choiva"
Neste libro Ricardo conta unha cousa que lle pasou de pequeno: quería recoller as galiñas que se mollaban coa choiva e acabaron todos mollados coma pitos: as galiñas,él e toda a súa familia.
Aquí vos deixo o conto para que o desfrutedes en familia:
Proposta de actividade de posible traballo relacionado co conto:
Non é preciso imprimir esta proposta é unha idea sobre o que imos facer:
- ESCRIBIR nun folio a palabra "GALIÑA"
- Debaixo debuxamos este animal
No hay comentarios:
Publicar un comentario