Recordar ten un fermoso significado é "volver a pasar polo corazón", así durante estes días de confinamento tivemos que conformarnos con lembrar algunhas cousas, xa que non podíamos facelas. Eu , coma os cativos, boto de menos a escola, así que atopei no meu móbil unhas fotos dunha pequena actividade no cole:o SAMAÍN, e cantas lembranzas me trouxo!!! Por iso a comparto convosco para que vexades que ben sentaban coma os indios e canto gozábamos todos xuntos facendo pequenas experiencias como esta: o vaciado da cabaza. Espero que desfrutedes co vídeo e os nen@s poidan lembrar a escola.
Pensade que agora sodes vós os que estades cós rapaces/as nestas vivencias, que algún día serán lembranza, deste tempo difícil que atravesamos. E por iso, que vos agradezo toda a dedicación que poñedes en axudar aos vosos nen@s coas tarefas propostas.
Para hoxe imos a debuxar unha cabaza nun folio e logo decorala como queiramos, podemos pintala de cor laranxa ou outro semellante, con pincel, rotus, ceras...tendes liberdade! Pero non esquezades escribir tamén a palabra CABAZA e o nome do nen@. Espero as vosas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario