PELOUROS

PELOUROS

martes, 26 de mayo de 2020

OS CHIBOS CHIBÓNS


Chibos Chibóns
Esta  semana imos a traballar un conto, a suxestión da mamá de Rouco: “Os chibos chibóns”
Trátase dun conto popular europeo que introduce aos cativ@s nos tamaños , números pero tamén o valor da amizade e do traballo en equipo, a súa moralexa : vale máis usar a astucia e a intelixencia que o enfrontamento físico.
VÍDEO DO CONTO
 
Despois de ver o vídeo podemos xogar coa Linguaxe como:
-VERDADEIRO OU FALSO: Facémoslles preguntas sobre o conto, Terán que coñecer se é correcto ou incorrecto. Por exemplo:
* Eran catro os chibos chibóns?
* Querían comer macarróns?
*Ían nadar para cruzar ao outro lado do río? Etc…
-LECTURA EQUIVOCADA: despois de ver o vídeo , contámoslle o conto de forma oral cambiando palabras , personaxes, acción cun ton absurdo, e os nen@s deben adiviñar os cambios.
Por ultimo, faremos unha ACTIVIDADE DE TAMAÑOS, os nen@s deben buscar por toda a casa obxectos , xoguetes, elementos naturais o que sexa  e clasificar en tres tamaños. Grande – mediano –  pequeno
 

No hay comentarios: