Este mes de marzo tivemos de aniversario a Helena e André que xa teñen 6 anos, pero como André esta recuperándose tivemos que celebralo só con Helena.
Primeiro preparou a súa coroa , puxo un montón de pegatinas para decorar e despois xa puidemos cantarlle "Parabéns" , soprou as candeas e a merendar eses ricos boliños .
Para rematar todos a bailar , que a festa rachada se nos da fenomenal!😂