PELOUROS

PELOUROS

sábado, 26 de febrero de 2022

O ENTROIDO

 Hoxe os Pelouros despois de toda unha semana preparándonos, viñeron disfrazados ao colexio para facer festa "rachada" na aula e así festexar o Entroido. A profe Teruca prestounos unhas luces de cores para poder semellar unha discoteca e pasámolo moi ben bailando.


 

 Tamén fixemos unha merenda coas orellas e filloas típicas desta festa e no patio contamos coa actuación da comparsa de Bueu "Os mulos".Grazas a tod@s por participar


 


miércoles, 23 de febrero de 2022

Aniversarios de Febreiro


 Hoxe celebramos na aula dos Pelouros o aniversario de Pablo que xa ten agora 6 anos. Coma sempre fixemos unha pequena festa e comemos uns boliños boísimos, que aínda estaban quentes cando chegaron!

Parabéns para Pablo!!!



 

viernes, 4 de febrero de 2022

Proxecto: Os Inventos

 Comezamos a traballar o proxecto "Os inventos", os nosos preferidos polo momento: a roda, o teléfono e a imprenta.






 

REGAMOS O HORTO


 

Para que vexades que ben coidamos do noso horto!
 

DÍA DA PAZ

 

 

"Non hai mellor receita para se sentir ben que recibir unha aperta.Así entendemos nós a Paz: coidarse, quererse e darse aloumiños. Para todas aquelas persoas que estes días máis precisan unha aperta, aquí vai a nosa, da man do benquerido Magín Blanco."

Para o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA, ensaiamos e cantamos esta canción, que de seguro xa viñades desfrutando na casa cos vosos peques, e que agora vos deixamos aquí para que podades cantala con eles. 









E días máis tarde rematámolo na aula, e fixemos un debuxo da canción "Rumba das apertas"











 

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Neste mes de xaneiro, Carla, Lucas e Ánxela cumpriron 6 anos. Foron os primeiros en celebrar o aniversario no ano 2022.

Parabéns para os tres!!!