PELOUROS

PELOUROS

lunes, 31 de octubre de 2022

Meteoescolas: O tempo en Outubro

Este mes empezamos na Asamblea a rexistrar o tempo, para traballar a observación dos fenómenos atmosféricos mais comúns e identificar a sua importancia na vida cotiá, así fixándonos sempre na ventaniña da clase cada día fomos poñendo un gomet distinto según se facía sol , estaba nubrado ou chovía.

Ao final, como os Pelouros querían descubrir quen gañou, fixemos unha actividade de conteo, e cunhas torres de policubos fomos quen adiviñar cal era  a torre máis alta, e como podedes ver na foto gañou a choiva este outubro.


 

viernes, 28 de octubre de 2022

Protagonista: DANIA

 Esta semana empezamos coa actividade dos protagonistas donde serán protas durante unha semana enteira e como Dania é a maior da aula tocoulle empezar a ela. Dania incorporouse un pouco máis tarde a aula dos Pelouros debido a un traslado. Pouco a pouco foi integrándose nas rutinas da clase, ben acollida polos compañeiros/as. Esta semana contounos algo máis da sua vida, da sua familia... grazas ao libro da biografía agora coñecemos un pouco mellor a Dania.

Grazas familia por colaborar e compartir connosco esta actividade!😀

 


 

domingo, 23 de octubre de 2022

Os Pelouros descubren a Pollock

Esta semana os Pelouros, para cumprir un dos obxectivos do currículo que e o achegamento a diferentes manifestacións artísticas, grazas a nosa mascota Papirus que nos prestou un libro do pintor, descubriron a Jason Pollock ao que lle gustaba a pintura en movemento, e estaredes de acordo comigo que aos nosos Pelouros a pintura tamén lles encanta e o movemento … pois mais aínda!

A curiosidade é como foron quen de facer eses cadros tan chulos, pois veredes, empregamos as cores do outono porque e o que estamos traballando este mes, coas cores nunha bandexa e a maxia dunha bóla movéndose creamos estes cadros.


 

 

sábado, 1 de octubre de 2022

Setembro

Setembro

Este mes recibimos no cole de Infantil da Pedra a os novos Pelouros, 18 nenos e nenas, que foron gañando confianza de día en día, coñecendo máis aos diferentes profes:  de música, de relixión, apoio e ximnasia.

Fixemos unha unidade didáctica sobre o noso cole, para presentarlles os espazos do cole , a nosa mascota “Papirus”, a nosa clase…

Pouco a pouco fomos descubrindo todos os recunchos da aula: a casiña, contrucción, puzzles…, e na asamblea xa somos quen de sentarnos como indios da tribu dos Pelouros!

Aquí vos deixo un resumo de  este mes:







 Como podedes ver os nen@s da clase dos Pelouros superaron o seu primeiro mes completo no cole e fixérono con nota!!!