PELOUROS

PELOUROS

domingo, 23 de octubre de 2022

Os Pelouros descubren a Pollock

Esta semana os Pelouros, para cumprir un dos obxectivos do currículo que e o achegamento a diferentes manifestacións artísticas, grazas a nosa mascota Papirus que nos prestou un libro do pintor, descubriron a Jason Pollock ao que lle gustaba a pintura en movemento, e estaredes de acordo comigo que aos nosos Pelouros a pintura tamén lles encanta e o movemento … pois mais aínda!

A curiosidade é como foron quen de facer eses cadros tan chulos, pois veredes, empregamos as cores do outono porque e o que estamos traballando este mes, coas cores nunha bandexa e a maxia dunha bóla movéndose creamos estes cadros.


 

 

No hay comentarios: