PELOUROS

PELOUROS

martes, 27 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro

O Día de Rosalía de Casto é o 23 de Febreiro, data do seu nacemento, pero por mor do tempo, fomos a celebralo xunto cos compañeir@s de primaria o luns pasado. 

Fixemos na aula unha pequena manualidade, unha casiña co verso de Rosalía "Miña casiña, meu lar" e tamén apredemos a canción  "Adios ríos adios fontes" , para cantar todos xuntos en Primaria.

Aínda que me costou que entenderan que esta Rosalía non ten nada que ver coa cantante da actualidade (espero habelo conseguido) tentamos dende a escola que valoren a nosa lingua e a figura de Rosalía como defensora da mesma e como poetisa.





 


viernes, 23 de febrero de 2024

Aniversarios Febreiro

Hoxe venres celebramos na aula os aniversarios do mes de Febreiro: Simón, Roi e Daira, que xa teñen 5 anos e para celebralo decoraron a súa coroa e sopraron as candeas despois de que xuntos cantaramos "Parabéns". Tamén houbo tempo de merendar boliños e de trroula ! 





 

jueves, 22 de febrero de 2024

Protagonista: Carla

 Esta semana tivemos de protagonista a Carla que estivo moi contenta de poder pasar lista , facer o conteo , colocar o tempo...

O  pasado luns tivemos a sorte de contar coa visita da súa nai Lorena e o seu irmán Lucas. Lorena falounos dunha das suas aficcions : o bordado e a costura, e despois de ensinarnos algúns dos seus fermosos bordados tamén ensinou aos nenos e nenas a coser , a usar a agulla...  Nesta vida Pelouros... hai que aprender de todo!

Grazas familia por compartir connosco un anaco do voso tempo e polo agasallo que deixache para que o disfruten na aula os Pelouros.



 

domingo, 18 de febrero de 2024

Protagonista: Leo

 O pasado venres tivemos a sorte de visitar o taller de Thomas, o pai de Leo, acompañados pola súa nai Elena e o seu irmán Alex. Aínda que Leo estivera de prota hai unhas semanas tiñamos pendente, por mor do tempo a actividade do protagonista. 

Sair da aula sempre é unha experiencia enriquecedora pero neste caso foi algo único, porque resulta moi difícil acceder ao taller dun artista, ese lugar onde Thomas crea e produce as súas obras. Alí puderon comprobar como os diferentes materiais se transforman en arte grazas a imaxinación do artista.

Primeiro explicaron en que consistía o seu traballo, Thomas o pai, como artista adicado á pintura e á escultura e Elena, a nai, como comisaria de arte, encargada de organizar as exposicións para amosar o traballo do artista ao público en xeral.

Despois descubrimos como é oproceso de creación : a cor , a forma , o volumen...

Coñecemos a gran variedade de materiais empregados, moitos de refugallo, que cobran nova vida nas mans de Thomas.

Tamén axudaron ao proxecto de Grecia explicando a policromía nas obras da antiga Grecia como o Partenón e mesmo invitaron aos nenos e nenas a pintar con pincel diferentes figuras da mitoloxía grega para construir entre todos o noso friso, a nosa obra de arte.
 

Mentras uns pintaban outros montaban unha obra de arte que era un puzzle , outros descubrian as dimensións das esculturas...

Grazas familia por a vivencia desta experiencia única, por facer sentir aos nenos e nenas artistas por un día e achegarse a arte a traves dunha obra actual , do noso tempo.






 

sábado, 10 de febrero de 2024

Entroido 2024

 Esta semana estivemos celebrando no colexio o Entroido, o tema eran as olimpíadas, os nenos e as nenas fóronse preparando dende o luns seguindo o mandadiño, pero o día especial foi onte venres, que por mor do tempo non puidemos achegarnos ata primaria para celebrala cos nosos compañeir@s, pero iso non evitou que fixeramos festa na nosa aula: disfrazamonos de dianas, puxemos música e a bailar!

Tamén tivemos tempo de poñer as máscaras gregas que fixemos para entender como era o teatro na antiga Grecia, dentro do proxecto que nos leva ao orixe das olimpíadas. 

Despois repusemos forzas cunha boa merenda, e foi moi fermoso ver aos nenos e nenas compartir as filloas, orellas e chulas cos seus amiguiños/as, esta claro de que ese obxectivo de que aprendar a compartir esta acadado, grazas as familias polo seu esforzo en preparar estes postres típicos do entroido e poder así ensinar as nosas tradicións a seguinte xeración.




 

viernes, 9 de febrero de 2024

Contacontos: Boni Ofogo

 O pasado xoves tivemos a sorte de contar na nosa escola coa visita de Boniface Ofogo, autor de libros como "O león Kandinga", "A paso de tartaruga" e "O elefante que perdeu o seu ollo" e contounos estes dous últimos, despois de contarnos como na súa aldea en Africa todas as noites , sen televisión, facían a carón do lume, cantos e contos tradicionais.

Destacou a importancia de achegar aos nenos e nenas dende idade temperá, á tradición oral, como piar da súa formación humana e cultural.

Grazas tamén ao ilustrador Marc Taeger que acompañou a Boni debuxando ao elefante do conto, que nos invita a tomarnos as cousas con calma...

Moitas grazas  á editorial Kalandraka por facer posible esta actividade.


 

miércoles, 7 de febrero de 2024

PROTAGONISTA: DAIRA

 Esta semana tivemos de protagonista a Daira, e o pasado mércores recibimos a visita da súa familia: a nai, Jessica e a irmán maior Thiara.

Jessi aproveitou a visita ao cole para falarnos do seu traballo e quiso ensinarnos todos os pasos para ser unha boa masaxista, dito e feito, despois de desinfectar as mans, facer exercicios de quentamento dos dedos e das mans para desentumecer os músculos antes de realizar a masaxe.

Logo colocados por parellas, os Pelouros, foron poñendo en práctica o aprendido. Bueno, Jessi , moitas grazas porque os nenos e nenas quedaron "super relaxados"!!!😂



 

domingo, 4 de febrero de 2024

Contacontos : "Lúa quere viaxar a...Marte"

 O pasado xoves tivemos un contacontos moi especial porque achegouse ata o cole a autora de "Lúa quere viaxar a Marte" , Celtia, para contarlles a través duns títeres a historia da gatiña que quería chegar a Marte a pesar de atopar moita oposición no seu empeño. Ao final tamén tivo tempo de ir asinando os contiños.

Grazas familias por agasallar aos nenos con este conto e facer posible este contacontos tan especial!






 

Protagonista: Ada

 O pasado venres tivemos a visita da familia da nosa prota da semana , Ada. Neste caso achegouse ao cole a súa nai Espe e o seu irmán maior Adrik, que viñeron para ensinarnos un experimento científico, facendo unha reacción do bicarbonato co vinagre, saiunos lava como se dun volcan se tratara.

Por partes: primeiro traballamos a plastilina para darlle a forma ao noso volcan e despois do bicarbonato engadimos un colorante, cada equipo elixiu a cor da lava do seu volcan e logo ao engadir o vinagre , as caras de sorpresa dos Pelouros foron moi simpáticas, abraiados co experimento.

Grazas familia por colaborar nesta actividade!




 

jueves, 1 de febrero de 2024

Tempo en Xaneiro

 Este mes estivemos na aula , ademais de rexistrar o tempo , memorizando un refrán da nosa terra:

"En xaneiro duas capas e un sombreiro", comentando o seu significado.

Coma sempre fixemos unha estimación , despois o conteo real do tempo rexistrado , se houbo mais días de sol ou de choiva, logo asociamos a grafía a cantidade e por so un día, de gañou a choiva e o que menos, dias nubrados. Pero no calendario tamen quedou rexistrado undía de choiva con tormenta con raios , e que estes Pelouros decátanse de todo!😄