PELOUROS

PELOUROS

sábado, 29 de abril de 2023

Horta Escolar

 

Horta escolar

O pasado venres fomos a nosa horta , porque o que sementa algo recolle, e alí atopamos as nosas acelgas, espinacas e leitugas, despois dalgunha contrariedade con paxaros e caracois (que tamén querían alimentarse da nosa horta)😂, fomos quen de recoller o plantado e levamos para a casa unha pequena mostra.

 Despois na aula contamos un dos nosos contos favoritos: “A mellor sopa do mundo” , o conto fálanos da AMIZADE, compartir, o respecto, axudar,…e que todo iso fainos sentir mellor, que son os valores que os Pelouros estamos traballando na aula.




 

jueves, 27 de abril de 2023

Visita ao Mercado de Bueu

 

Visita ao Mercado

O pasado mércores os Pelouros achegámonos ata o mercado para poder aprender dun xeito máis vivencial e lúdico. Alí fomos ver os peixes da avoa de Adela que se parou moito connosco explicando moi ben todos os nomes e as características dos peixes: rapes , chinchos , fanecas , pescadas, salmón… Despois fomos atendidas por Marta e Zulema ( a mamá de Ainara) que nos ensinou  peixes e mariscos que aínda estaban vivos: centolas, navallas , lagostinos…Mais tarde visitamos a Sheila, a tía de Ainara , e entre as dúas amosáronnos máis peixes.

Despois visitamos a carnicería de Mari Chelo para coñecer os seus produtos: polo, carne , albóndegas…

Por último, visitamos a zona das froitas e verduras e como xa nos estaba entrando a fame despois de ver tanta comida, fomos convidados  a unha merenda no piso superior do mercado, con froitas, pan e doces do mercado.

Así , despois de repoñer forzas fomos quen de voltar ao cole , cansos pero felices te ter gozado unha experiencia tan enriquecedora.

Grazas a todas as persoas que colaboraron no Mercado para que esta visita fora posible.

















 

martes, 25 de abril de 2023

23 Abril Día do Libro

 

Día do libro

O pasado domingo día 23 de Abril foi o Día do Libro.Para celebralo na aula os Pelouros trouxeron á clase o seu conto favorito e durante toda a semana pasada estivemos contando todos osa contos, e cada neno/a contou porque era o seu favorito e algún incluso foi quen de contalo aos compañeir@s. Despois cada nen@ fixo o debuxo do seu conto , que podedes ver exposto na porta de entrada do cole.

Para rematar,o luns fomos de visita ao Bibliocastelo no colexio de Primaria, visitamos a Papirus , a nosa mascota favorita, e tivemos unha sesión de contacontos: a profe Teruca contounos “A eiruga Larpeira” e a profe Toñi o conto de “Chuvisca”. Despois gozamos de ler libros na biblioteca e voltamos felices de ter celebrado ese día dun xeito especial.
















 

miércoles, 19 de abril de 2023

Gamificación: Moito máis que xogo


 

Partindo do proxecto do colexio “Moito máis que xogo” os Pelouros tamén participaron no proxecto realizando na aula unha gamificación sobre o tema do xogo.

Empezamos recibindo na aula dos Pelouros unha carta de Papirus, o polbo mascota do noso cole, onde nos pedía axuda para salvar os xogos tradicionais porque debido ao uso de tablets , xogos de ordenador e consolas, corrían  o perigo de perderse.

Os Pelouros aceptaron o desafío de axudar a Papirus e mans a obra.

Papirus enviou un libro do seu Bibliocastelo sobre o pintor Bruegel e alí atopamos o seu cadro “Xogo de nenos” e, con lupas nas mans, os Pelouros foron identificando moitos dos xogos que alí aparecían.


 

De todos eles Papirus invitounos a xogar a 10 xogos e selar nun carné cada xogo  para ao rematar conseguir a medalla de campión ou campioa de Xogos tradicionais


 

O mestre de Psicomotricidade tamén participou xogando na súa clase cos: zancos, aros, a pita cega, as agachadas, bolos e outros máis.

Na aula e no patio tamén xogamos: a cadeira da raíña, os pelouros, ás agachadas, aos disfraces, coas monecas, pompas etc.



 


 

Xogamos e xogamos ede cada xogo traballamos algún aspecto do currículo: esquema corporal, o circulo, alto baixo, relación grafía cantidade…


 

Ao final conseguimos o tan ansiado premio: unha medalla feita coa impresora 3D do noso cole.





 













Con este proxecto comprobamos que xogando é a mellor maneira de aprender!