PELOUROS

PELOUROS

miércoles, 30 de octubre de 2019

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

O pasado venres celebramos os aniversarios de:Naira , Diego , Julia e Xavi. Tod@s teñen xa 3 anos e convidaron os compañir@s a un sabroso biscoito.
Gazas familias por colaborar!



ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Coma todos os anos o 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares e aproveitamos a data para que os nosos pelouros puidesen coñecer a Papirus.
Recibimos unha invitación para acudir a Primaria e disfrutar xuntos dun contacontos.
E alá fomos o pasado mércores de excursión , todo foi de maravilla e aínda que son os mais cativ@s do cole portáronse moi ben e disfrutaron coa experiencia , voltamos contentos, cansos e con uns agasallos!!!




martes, 1 de octubre de 2019

Aniversarios de Agosto e Setembro

O pasado xoves celebramos na aula os aniversarios de Carlota e Martina que cumpliron en Agosto e Rouco e Xandre que estrenaron os tres anos en Setembro, as familias colaboraron traendo un rico biscoito , que despois de cantar a canción e soprar as velas , comemos entre tod@s, estaba boísimo! 

BENVIDA OS NOVOS PELOUROS

Ainda que xa levamos varias semanas de curso escolar entre o período de Adaptación e o inicio da xornada escolar completa non tiveramos tempo de darvos a benvida a tod@s a este blog: nenas/os e familias BENVIDOS.
A aula dos Pelouros comenzou a súa andaina con moitas bágoas e esperemos que pouco a pouco vaian acougando.
Estamos iniciándonos nas rutinas da clase , coñecendo os novos amigos , aprendendo as nomas e amodiño, coma o caracol do conto que tanto lles gusta , iremos avanzando.
Como mostra dos primeiros días deixo dúas fotos , para que vexades o pequeniños que son algúns  que entran no berce das bonecas, e outra manexando a plastilina.